O PSOE de Ponteceso non descarta que Lois García renuncie e facilite un cuatripartito

Lois García, alcalde en funciones de Ponteceso

Lois García, alcalde en funciones de Ponteceso / ECG

O PSOE (4 edís) de Ponteceso non descarta a opción de que o actual alcalde en funcións e candidato á alcaldía, Lois García, renuncie para facilitar un goberno cuatripartito encabezado polos socialistas e apoiado por Alternativa x Ponteceso (2), BNG (1) e ESCO-Apin (1). Estes tres grupos, como xa dixeran en campaña, manteñen como liña vermella que non apoiarán un goberno liderado polo actual rexedor.

A concelleira e número dous da lista do PSOE, Noelia Varela, que é quen está liderando as negociacións cos outros grupos, xunto co secretario provincial do PSOE, Bernardo Fernández, sinalou que “é unha opción”, pero “é unha decisión que ten que tomar Lois, que de darse sería polo ben do Concello”. Non obstante, sinalou, “non hai nada concretado cos outros grupos. Haberá que esperar á semana próxima”.

Pola súa banda, Lois García, afirmou que “quen está negociando é o PSOE; o importante agora é a estabilidade Concello, pasar páxina de etapas anteriores e poñer en valor os logros do tripartito de 2015-2019”.