Culinaria, a firma dezana que elabora a diario comida para seis mil galegos

Asentada no polígono Área 33 de Silleda, elabora entre 15.000 e 20.000 pratos diarios, preto de dous mil deles para o progama Xantar na casa

Estes días está a realizar degustacións, catas e showcooking de seus menús na Semana Verde

Chefs de Culinaria e público durante o último showcooking celebrado na feira Semana Verde /culinaria

Chefs de Culinaria e público durante o último showcooking celebrado na feira Semana Verde /culinaria / s. elvira

A compañía galega de servizos de alimentación, e que se encarga de programas autonomicos como o Xanar na Casa, Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na comarca do Deza, no corazón de Galicia. Concretamente ten a súa sede no polígono Area 33 de Silleda, e dende alí elabora entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a comunidade galega.

Cunha traxectoria de maís de de 20 anos no sector da restauración colectiva e social, Culinaria consolídase como a compañía galega especializada en servizos de alimentación saudable: rica e nutricionalmente equilibrada e adaptada a todo tipo de dietas. Na actualidade conta con 150 profesionales e elaboura máis de 500 menús distintos á semana.

ENFOQUE NUTRICIONAL

O secreto do seu éxito, din o seus responsables, e que “cociñamos e servimos pratos e menús sabrosos, variados e equilibrados, adaptados a cada idade, aos gustos e preferencias culinarias galegas e as necesidades concretas de cada persoa incorporando o enfoque nutricional, dietético ou clínico que permite comer rico e tamén san”

Estes días, a empesa non quixo perder a oportunidade de dar a coñecer os seus menús nun escaparate con gran difusión, o salón de alimentación Salimat, que se celebra no marco da Semana Verde.

Un total de 3.500 tapas e dous showcookings ofertou ao público durante os catro días de duración da Semana Verde de Galicia.

Alí e baixo o título Experimenta todo o sabor da baixa temperatura, Culinaria pechou as actividades que realizou neste catro días na feira cun showcooking no que dous cociñeiros da empresa elaboraron diferentes preparacións con carnes cociñadas a baixa temperatura.

Concretamente elaboraron seis modalidades de menús que se ofertaron ao público profesional polo cociñeiros de Culinaria, entre os que se atopaban Tortilla con preparado, Focaccia de polo, Bocata de pulled pork de costela, Burriño de polo asador, miniburguer de carrilleira de tenreira; e como prostre, Mini tarta de queixo.Con esta programación, CUNestes catro días, Cuñlinaria ofertou durante un amplo programa destinado a profesionais e visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade.

TÉCNICA INNOVADORA

O cociñado a baixa temperatura é unha técnica Culinaria que consiste en aplicar fontes de calor de baixa intensidade aos alimentos, envasados previamente ao baleiro, co obxecto de cociñalos en períodos mais longos de tempo (varias horas).

“Os resultados se traducen en alimentos con sabores máis contrastados e texturas máis suaves comparados cos métodos tradicionais, que é concretamente o que se quere amosar aos profesionais do sector con estas exposicións, así como o novo proxecto de produtos transformados a base de carne que se está a poñer en marcha para dar solucións ó canal Horeca”, explican.

En canto a comercialización das carnes, realízase directamente no envase ao baleiro empregado na elaboración, o que permite consumir o produto ata tres meses despois da súa preparación con total seguridade e características organoleópticas.

A compañía conta cunha cociña de experimentación, na que desenvolven continuamente novos pratos “que nos permiten dispoñer dunha carta ampla e variada, cun alto grao de rotación”, sinalan.

Para a distribución dos miles de pratos que a diario reparten por toda Galicia a empresa dezana contra cunha frota propia para levar en tempo e condicions os menús aos usuarios do servizo.