Rois participa no proxecto de tradición oral Contame un Mundo

Este luns, 26 de xuño, comezaron as actividades cun contacontos e foro de recollida de historias, e tamén cun obradoiro

Xuntanza no pazo de Antequeira / CONCELLO

Xuntanza no pazo de Antequeira / CONCELLO / s. eLVIRA

Rois está a ser un dos oito concellos que participan este verán no proxecto Cóntame un Mundo que ten como obxectivo recompilar e dar a coñecer historias da tradición oral á vez que se tenden pontes comunicativas entre persoas maiores e novas e diferentes agrupacións sociais. Este luns, 26 de xuño, comezaron as actividades cun contacontos e foro de recollida de historias, e tamén cun obradoiro, dúas actividades abertas ao público que se desenvolveron no pazo de Antequeira e no local das mulleres rurais de Urdilde.

A primeira delas contou coa presenza do alcalde de Rois, Ramón Tojo, que se achegou ata o Pazo para agradecer o traballo de Raquel Queizás e de Alba de Vales, responsables do proxecto, á hora de poñer en valor os saberes e a cultura da oralidade da súa terras. Xa pola tarde, as mulleres que participaron na iniciativa narraron moitas das súas historias e vivencias e amosaron fotografías e obxectos significativos para elas.

Este xoves continuou a desenvolverse este programa. A partir das 19.00 horas, o campo da festa de Urdilde acolleu o Encontro da palabra, no que se compartirá un contacontos, con recreación de historias e máis petiscos para todos os asistentes.