Silleda falará francés e italiano coa viaxe dos 27 ‘irmáns’ de Canéjan e Poggio

Veciños da localidade gala e da do Lazio van visitar o municipio do Deza do día 24 ata po 31 deste mes

Poderán desfrutar do patrimonio natural e da cultura local

A comitiva de dezaoito veciños que visitaron non ano 2022 a localidade francesa de Canéjan

A comitiva de dezaoito veciños que visitaron non ano 2022 a localidade francesa de Canéjan / Concello

Os actos de irmandamento na comarca do Deza seguen a dar os seus froitos, e Silleda acollerá do 24 de agosto ao 31 a 16 persoas de Canéjan (Francia) e 11 de Poggio Mirteto (Lazio, Italia), dúas vilas coas que o municipio silledense mantén a fraternal relación dende hai anos.

O programa deseñado polo Comité de Xestión de Proxectos Europeos de Silleda (Coxesi) en colaboración co Concello e distintas asociacións do municipio comezará o xoves 24, coa chegada dos participantes e a súa recepción no Centro Social de Cortegada, para posteriormente aloxarse nas casas das familias acolledoras. A programación de actividades deste intercambio cultural baséase en dar a coñecer o patrimonio histórico e natural e a gastronomía de Silleda. Tamén se farán roteiros tendo o medioambiente e o rural como protagonistas.

Un acto silledense para reafirmar o dobre irmandamento / concello

Un acto silledense para reafirmar o dobre irmandamento / concello

O venres 25 realizarase unha excursión a Ourense para visitar a súa catedral, o casco histórico e por suposto, As Burgas. Ás 20.00 horas, na Praza Siñor Afranio de Silleda, terá lugar o concerto que ofrece a Banda de Música Municipal de Silleda, aberto e de balde a calquera que queira asistir. Xa o sábado 26 será o día en familia. Tanto o grupo do intercambio como as familias acolledoras visitarán o Museo do Campo e a Mecanización. O xantar farase na Carballeira de Siador e pola tarde, o grupo Xirandola impartirá un obradoiro de música tradicional neste espazo natural.

Na xornada do domingo 27, o grupo fará un percorrido por Silleda para coñecer a Fervenza do Toxa e o conxunto Histórico-Relixioso de Abades (no que se inclúe a igrexa románica de Santa María e o Santuario da Virxe dos Desamparados). O xantar dese día será en Ansemil-Martixe, onde se degustarán callos e panceta, cociñados pola Asociación Veciñal de Ansemil-Martixe e pola Asociación Cultural O Cruceiro de Breixa visitando pola tarde o mosteiro de Carboeiro.

O luns 28 haberá unha ruta pola comarca do Deza para visitar o Pazo de Liñares, o Muíño Cuíña, o Pazo Anzuxao e Castro Deza, mentres que na xornada do martes 29 realizarase unha saída a Santiago de Compostela, onde o grupo de intercambio terá o día libre nesta cidade.

Pra rematar, o mércores 30 visitaranse os murais do programa Mulleres de Extramuros en Cortegada e as instalación de Trasdeza Natur. Pola noite terá lugar a cea de despedida, tendo como protagonista a paella, o prato estrela de Cortegada.

Está previsto que nos actos participen membros das asociacións e colectivos que integran o Comité de Irmandamento. O Concello agradece a colaboración de Coxesi, Aveccuco, Xirandola, Banda de Música Municipal de Silleda, Asociación Veciñal de Ansemil-Martixe, Asociación Sociocultural de Cortegada, Asociación Feiral da Semana Verde e ao Museo do Campo e a Mecanización, Asociación O Cruceiro de Breixa, o grupo de Acordeóns da Escola de Música, pandereteiras As Ferreñas de Cortegada e a charanga Os Empanaos, así como ás familias que acollen aos participantes no programa.

Cuíña, dereita, na consulta con colectivos locais para formar un comité de irmandamento, no 2017  / concello

Cuíña, dereita, na consulta con colectivos locais para formar un comité de irmandamento, no 2017 / concello

Hay que lembrar que Silleda impulsou en maio de 2018 de forma oficial un comité de Irmandamento integrado por representantes de dezanove asociacións. A entidade, que se chama Comité para a Xestión de Proxectos Europeos do Municipio de Silleda (Coxesi), contou coa presidencia de Belén Calvo Costa, e na súa directiva integráronse membros de colectivos de carácter tanto social como cultural ou veciñal. Este novo colectivo vía a luz cuns fines moi concretos, como son o de promover a participación activa do municipio en na Unión Europea a través de programas, iniciativas e intercambios con otros países, algo que xa quedou demostrado dabondo. Ademais, tenta acadar o incremento da colaboración internacional en materia de solidariedade e fraternidade, a dinamización económica e a promoción dos intercambios sociaiss.

O rexedor, xa daquela Manuel Cuíña, explicaba que o obxectivo final deste comité pasaba por “traballar polo benestar dos veciños e o desenvolvemento de accións conxuntas para dinamizar o noso pobo”.