Cuarenta y ocho millones del Plan de Obras provincial para los 47 concellos de la zona

Se repartirán el 54% de la partida total de la Diputación de A Coruña

Una parte será para gastos corrientes y programas sociales

Carballo y Ames recibirán más de 2 M€

Obras de abastecemento a Arnado, en Razo /concello de carballo

Obras de abastecemento a Arnado, en Razo /concello de carballo / josé m. ramos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade a última achega adicional de 25 millóns de euros para o Plan Único (POS+2023). Con esta derradeira partida, o orzamento total ascende a 88.568.408 euros, dos cales 47.992.623 € (o 54%) serán para os 47 concellos da área de Compostela, Costa da Morte e Barbanza.

Nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas o Plan Único inviste este ano 18,6 millóns euros e financia 67 obras; en Ferrolterra-Ortegal suma 16,9 millóns e 89 obras; na área de Compostela 119 obras e máis de 26 millóns de investimento; máis de 15,2 millóns en Bergantiños-Costa da Morte con 74 obras e 47 na comarca de Barbanza, onde suman un investimento total de 11,5 millóns de euros.

Na comarca de Santiago, os concellos da contorna da capital galega disporán de 21,4 millóns de euros, sendo Ames o que recibirá a maior contía (2 M€), seguido de Santa Comba (1,52 M€), Teo (1,48), Ordes (1,41), Arzúa (1,35), Melide (1,26), Negreira (1,14), O Pino (1), Oroso (979.502 €), Touro (957.364 €), Brión (912.710 €), Tordoia (850.633 €), Val do Dubra (845.126 €), Rois (829.309 €), Padrón (811.322 €), Boqueixón (782.475 €), Trazo (766.794 €), Vedra (700.402 €), Boimorto (697.804 €), Frades (685.430 €), e Dodro (401.122 €).

Os concellos de Bergantiños e Costa da Morte recibirán un total de 15,2 millóns de euros, dos cales 2,43 M€ serán para Carballo. Vimianzo será o segundo más beneficiado (1,32 M€), seguido de A Laracha (1,31), Coristanco (1,11), Zas (1), Muxía (989.078 €), Dumbría (903.800 €), Cerceda (902.061 €), Ponteceso (894.814 €), Malpica (887.956 €), Cabana (808.653 €), Cee (780.258 €), Camariñas (605.319 €), Laxe (501.199 €), Fisterra (478.342 €) e Corcubón (246.922 €).

Pola súa banda, as comarcas de Barbanza e Muros-Noia contarán con 11.517.697 euros. Ribeira (2,23 M€) recibirá a maior contía, seguida de Boiro (1,39), Mazaricos (1,15), Porto do Son (1), Outes (950.071 €), Noia (934.009 €), Muros (893.390 €), Rianxo (883.280 €), Lousame /727.391 €), A Pobra do Caramiñal (696.289 €) e Carnota (653.672 €).

A Deputación asigna os fondos que corresponden a cada un dos 93 municipios da provincia en base a criterios obxectivos (poboación, superficie do concello, número de parroquias…), e son os propios concellos os que deciden o destino final dos fondos que poden destinarse a financiar obras, servizos públicos como recollida de lixo, alumeado público, limpeza viaria e de espazos públicos ou persoal de centros municipais. Unha parte dos fondos, 7 millóns de euros, destínanse tamén a financiar o mantemento de políticas e axudas sociais dos municipios.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia do Plan Único para que os concellos, especialmente aqueles máis pequenos e rurais, poidan ofrecer servizos públicos de calidade e financiar obras que permitan fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza. “A creación deste plan supuxo multiplicar por catro o investimento que a Deputación realiza nos concellos. Hoxe máis de 3.900 obras e unha parte importante dos servizos municipais dos que gozan os cidadáns contan co apoio económico do ente provincial”, destacou o presidente.

Pola súa banda, a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey, subliñou a función dos máis de 25 millons aprobados nesta segunda fase do POS adicional para os concellos, “dos cales, máis de 17 puideron destinalos a sufragar o gasto corrente”. Deste xeito, “non so permite investimentos importantes, senon que tamén lles axuda co incremento inasumible en moitos casos destes gastos”.

O pleno aprobou tamén unha moción presentada por PSOE e BNG instando á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación dos permisos sectoriais por parte das consellerías responsables a un máximo de dous meses, co fin de facilitar a execución de melloras e investimentos na rede provincial de estradas.

PRETO DE 400 OBRAS ESTE ANO

··· Con cargo ao Plan Único, os concellos coruñeses financiaron nos últimos anos 3.920 obras, das que case 400 corresponden á anualidade de 2023. Trátase “dun volume moi importante de obra pública que contribúe tanto á creación de emprego e actividade económica, como á modernización e mellora das infraestruturas municipais”, subliñan dende a Deputación da Coruña.

··· Destacan asemade que, cun orzamento de arredor de 90 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento anual da institución provincial, o Plan Único “é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España”.

··· Dende a Deputación da Coruña lamentan, non obstante, a demora da autorizacións necesarias por parte da Xunta. A este repecto sinalan que “o 80% das autorizacións que dependen de Augas de Galicia demóranse unha media de 409 días, o que supón máis dun ano agardando por un trámite”. Situacións similares, engaden “suceden coas autorizacións de Patrimonio, a Axencia Galega de Infraestruturas ou Medio Ambiente”, conclúen.