Dodro une forzas contra a violencia de xénero

Apela á cidadanía para que se desvincunle e colabore na erradicación da violencia machista

Lectura da declaración institucional do Concello de Dodro este venres, na xornada previa ao 25N  | // CEDIDA

Lectura da declaración institucional do Concello de Dodro este venres, na xornada previa ao 25N | // CEDIDA / B. C. [santIaGO]

B. C. [Santiago]

Este sábado celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha problemática que impacta profundamente na nosa sociedade e que require da participación activa de todos. No Concello de Dodro, a partir das catro da tarde, lévase a cabo unha marcha desde Lestrobe e Bexo, que culminará no pavillón polideportivo. Durante este percorrido, abrirase un espazo para reflexionar sobre a importancia desta data, como podemos contribuír a erradicar a violencia de xénero e compartir experiencias persoais ou coñecidas. Ás cinco da tarde, preséntase o espectáculo familiar Dende a maxia pola igualdade, a cargo da maga Leo Leíño. A través dos seus trucos, Leo abordará temas como a igualdade, o acoso escolar e a xenofobia, transformando o negativo en positivo. Este espectáculo non só brinda momentos de ilusión e sorpresa para toda a familia, senón que convida á reflexión sobre a importancia do día que conmemoramos.

A partir das seis da tarde, celébrase unha merenda solidaria na que todas as persoas están convidadas a participar. Este momento busca ser un lugar de encontro, sensibilización, concienciación e solidariedade en contra da violencia cara ás mulleres. Ademais, fomentarase o apoio a aqueles membros da sociedade que se converten en activistas e defensores dos dereitos das mulleres.

Apoio a causas feministas

En apoio aos movementos feministas e ás organizacións que defenden os dereitos das mulleres e das nenas, ofrécese a oportunidade de realizar donativos. Estes fondos serán destinados a unha asociación que reflicta os valores de igualdade e que traballe activamente en prol dos dereitos das mulleres. As inscricións poden realizarse a través do Departamento de Servizos Sociais, chamando ao 981802466 ou enviando un correo electrónico a servizossociais@dodro.gal