Cen parados amplían as oportunidades laborais en cinco obradoiros de Barbanza e Muros-Noia

Villaverde, 4ª pola esqda., Freire, 5º e Trenor, 6º, co alumnado de Noia / x.

Villaverde, 4ª pola esqda., Freire, 5º e Trenor, 6º, co alumnado de Noia / x. / suso souto

A Xunta puxo en marcha cinco obradoiros de emprego nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia cun investimento de máis de 2,5 millóns de euros, nos concellos de Boiro; Ribeira compartido con Porto do Son; Rianxo; Muros compartido com Carnota; e Noia compartido con Lousame. Estas accións permitirán mellorar as oportunidades laborais de 100 persoas desempregadas.

Para estes talleres tiveron preferencia as persoas con especial dificultade para acceder ao mercado de traballo, como emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións, parados de longa duración, maiores de 45 anos e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. Os alumnos e alumnas recibirán formación e disporán dun contrato de traballo e percibirán remuneración durante a súa participación nesta actividade, que se estenderá durante 12 meses. A Xunta subvenciona o 100% do salario mínimo interprofesional (1.080 euros este ano), así como a totalidade das cotas por cada un dos participantes.