A galería ceense Stoupa reúne un ano de arte e cultura da Costa da Morte nunha exposición

Parte das obras da exposición #Stoupados2023 / GALERÍA STOUPA

Parte das obras da exposición #Stoupados2023 / GALERÍA STOUPA / J. M. RAMOS

A galería Stoupa, de Cee, inaugurou a clásica exposición colectiva #Stoupidos2023, que mostra as novidades dos artistas e artesáns que tiveron presenza no espazo ceense ao longo deste ano.

Nesta ocasión reúne creacións multidisciplinares de artesanía de Alberto Lista, Carmen Isabel Labrador, Concha Bello Romero, Feituras, Gorin, Isabel Andrade, Nano Unzueta, Xaime Piñeiro, Susana Anta, Redeiras de Corme ou Nacho Porto; cartografías de Pepe de Olegario; ilustracións de EA.ilustra ou Mina,: pinturas de Josecho González, Yano Yoro, Llou Insidias, Xoanxo Cespón ou Xosé Iglesias; esculturas de Guillermo Lourido e Nando Lestón; e fotografías de Sam Ponsford e Marcos Rodriguez, ademais das últimas novidades en libros de escritores da Costa da Morte.

Para os todos os que desexen apoiar a cultura local regalando este Nadal creacións de artistas e artesáns destas comarcas atlánticas, Stoupa estará aberta ata o 5 de xaneiro de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.