Buscan a octoxenaria Divina Peiteado, de Vila de Cruces

Reside en Toiriz, e no momento no que se lle perdeu a pista levaba posta unha chaqueta verde oscuro

A última persoa que a viu foi preto da ponte da súa localidade, e agora estanse a centrar na de Fornelos

Divina Peiteado con ropa similar a la que tenía cuando desapareció

Divina Peiteado con ropa similar a la que tenía cuando desapareció / Concello

Continúa a busca de Divina Peiteado Varela, a veciña da parroquia de Toiriz (Vila de Cruces) de 82 anos que foi vista por última vez o luns 18 de decembro sobre as 15.30 horas onde o cruce das Cortizas (que dirixe a Fornelos).

A última pista que se segue é a dun testigo que afirma vela o luns ás 21.00h preto da ponte do río de Toiriz, segundo aportan dende o Concello de Vila de Cruces. A vestimenta era similar a da foto, cunha chaqueta verde escuro. Calquer dato será de moita axuda, e para unise á búsqueda pódese contactar con Protección Civil ou ben acudir pola biblioteca, onde se organizan os grupos. 

Desde Protección Civil, precisamente, confirmaban que estanse a centrar na zona de Fornelos, a petición da Benemérita, que este mércores volveu a desprazar o helicóptero para obter unha perspectiva aérea do entorno.

TEMAS