Pizpireta Mercería gañou o primeiro premio do certame pobrense de escaparatismo

A concelleira de Promoción Económica da Pobra, Amparo Cerecedo, dereita, e a técnica en márketing visual Cany Juncal, esquerda, entregando o primeiro premio.

A concelleira de Promoción Económica da Pobra, Amparo Cerecedo, dereita, e a técnica en márketing visual Cany Juncal, esquerda, entregando o primeiro premio. / Concello da Pobra

Suso Souto

O espírito do Nadal resistindo o Grinch, unha paisaxe nevada e decoración propia desta época elaborada con produto do mar son os tres escaparates gañadores do concurso convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal.

Os galardóns recaeron en Pizpireta Mercería, Sport Maniotas e Pescados e Mariscos Moncha. O primeiro premio consistente na realización de 6 escaparates profesionais durante un ano a cargo dunha técnica de márketing; o segundo, de 4; e o terceiro, de 2.