Cabana dota de sistemas de autoabastecemento enerxético aos principais edificios municipais

O Concello obtivo unha subvención de 891.999 euros

O alcalde di que o municipio sitúase "á vangarda comarcal"

Pavillón polideportivo de Cabana de Bergantiños

Pavillón polideportivo de Cabana de Bergantiños / Concello de Cabana

J. M. Ramos

O Concello de Cabana optimizará a eficiencia enerxética dos edificios e vehículos municipais grazas a unha subvención de 891.999,44 euros enmarcada no Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Na piscina municipal renovará a unidade de tratamento de aire e as luminarias, e substituirá a caldeira de gasóleo por unha bomba de calor de aerotermia. Ademais, dotará de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo ao polideportivo, ao centro de saúde, á casa consistorial e á casa da cultura. Estas instalacións alimentarán tamén o CPI As Revoltas, da capital local.

A maiores, substituirá un vehículo da frota municipal por un novo eléctrico co seu correspondente punto de recarga. O alcalde, José Muíño, asegura que esta axuda “consolidará a Cabana á vangarda comarcal na aposta polas enerxías renovables, permitíndonos xerar unha comunidade de enerxía limpa que teña como piares o autoabastecemento e as enerxías renovables”.