MEDIO RURAL

Investimento de máis de 70.000 euros para a BUO de Dumbría

A Base de Unidade Operativa situada en Dumbría /consellería

A Base de Unidade Operativa situada en Dumbría /consellería / ECG

Redacción

A Base de Unidade Operativa (BUO) de Dumbría xa goza de instalacións renovadas, tralo investimento de 70.332,941 euros para a súa reforma. A actuación atópase dentro do Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do período 2021-2026. O importe foi financiado na súa totalidade polos fondos Feder React, posto en marcha pola Unión Europea para facer fronte as consecuencias da pandemia da Covid-19.

O paquete de melloras constou de renovación das condicións dos vestiarios, das duchas, zonas de descanso, almacéns para o material e instrumental dos traballos forestais, ademais dos lugares habilitados para estacionar os vehículos. Este edificio atópase no concello de Dumbría, onde presta servizo ás brigadas forestais como punto de control. Dende Medio Rural destacan que estas melloras xorden co gallo de “favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes”. Este investimento súmase a outros que está realizando nas últimas semanas a Consellería.