Volven a Vedra as xornadas de exaltación arredor da camelia con mostra e certames todo o mes

As Mostra de Flor celebranse na contorna da nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla o 25 de febreiro

Tamén inclúense actividades culturais e deportivas, con gran protagonismo para as carreiras e bicicletas

O alcalde Carlos Martínez, esquerda, na presentación das xornadas dedicadas á camelia en Vedra

O alcalde Carlos Martínez, esquerda, na presentación das xornadas dedicadas á camelia en Vedra / Concello

O salón de plenos de Vedra acolleu unha presentación das propostas incluídas na programación dunha nova edición das XXVIII Xornadas da Camelia, que comezará o 4 de febreiro e alongaranse ata o 3 de marzo incluíndo a Mostra de Flor que se exporá na xornada do 25 de febreiro e na que se pode participar solicitándoo no teléfono 981 814 691 ou no enderezo electrónico cultura@concellodevedra.gal. Serán nos arredores de a Estación.

Nesta programación inclúense probas deportivas, como a XIII Ruta Ciclturística da Camelia polo Val do Ulla (4 de febreiro) coa colaboración do CC RiRibadullau a VIII Carreira por Montaña A Camelia do CDM Vértice (día 11), pero tamén iniciativas formativas, como un curso-ruta fotográfica, As Camelias a través da lente, o 17 de febreiro ás 11.00 horas; paseo polos xardíns de camelias de Vedra, e unha charla sobre curiosidades da camelia.

Entre as citas culturais haberá visitas teatralizadas ao pazo, obradoiros creativo, excursión e música, coa Escola de Música Santa Cruz de Ribadulla Concello de Vedra, coa Agrupación Instrumental e o Coro de Secundaria do CPI Pluriíngüe de Vedra. E, ademáis, este ano unha das innovacións será un desfile de moda da camelia na tarde do domingo do 25 de febreiro. O 3 de marzo haberá unha excursión a Fene-Narón.

Na páxina web concellodevedra.es consta toda a programación, horarios e os xeitos de se anotar.