Morre unha muller en Teo tras caer dun segundo andar

Aconteceu este domingo a mediodía na localidade de Montouto

A Benemérita investiga o suceso, aínda que non hai signos de violencia

A muller faleceu ao precipitarse dende un segundo andar en Montouto, Teo

A muller faleceu ao precipitarse dende un segundo andar en Montouto, Teo / ECG

Unha muller perdeu a vida este domingo tras precipitarse dende o segundo andar dun edificio situado na Travesía de Montouto, en Teo. Segundo trascendeu, en principio non atoparon signos de violencia na falecida, aínda que as forzas da orde traballan para esclarecer o acontencido nunha das zonas urbanas máis poboadas do citado municipio, cun censo que ronda os 1.500 veciños.

Ocorreu ao fío das 11.30 horas, e acudiron ata o lugar dos feitos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Garda Civil e da Policía Local de Teo.