Muxía achegará a información turística a través de pantallas

Serán financiadas con fondos Next Generation

O investimento supera os 15.000 euros

Reunión do alcalde, Iago Toba, á dereita, cun responsable de iUrban en Fitur

Reunión do alcalde, Iago Toba, á dereita, cun responsable de iUrban en Fitur / Concello de Muxía

J. M. Ramos

O Concello de Muxía instalará nas vindeiras semanas a primeiras pantallas, en forma de tótems, de autoxestión de información turística da Costa da Morte. Estes elementos de última xeración están financiados a través dos fondos Next Generation e contarán cun investimento de máis 15.000 €. Nos tótems os usuarios atoparán información turística da vila, e tamén a relativa a aloxamentos, taxis e demais recursos turísticos. Asemade, as pantallas servirán de asesoramento as persoas visitantes segundo os seus gustos, idade ou intereses.

Os detalles para a súa instalación foron ultimados na Feira Internacional de Turismo de Madrid por parte do alcalde, Iago Toba, e o edil de Deportes, Felipe Vilela, coa empresa adxudicataria, iUrban. “Este elementos, únicos na Costa da Morte, proporcionarán unha información de calidade e dun xeito novidoso e moderno”, destacou Toba. “Ao igual que as obras da mellora de accesibilidade das instalacións municipais, esta actuación terá un custe cero para o Concello”, rematou

TEMAS