PROXECTO

Os Fogóns do Anllóns arrinca co investimento do 30% dos fondos para crear un produto turístico de calidade

A iniciativa está liderada pola Deputación da Coruña

Integra aos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana

Xuntanza do comité impulsor do proxecto Os Fogóns do Anllóns

Xuntanza do comité impulsor do proxecto Os Fogóns do Anllóns / Deputación da Coruña

J. M. Ramos

O proxecto Os Fogóns do Anllóns bota a andar co inicio do procedemento de contratación da secretaria técnica, así como o investimento do 30% inicial de fondos. Así o acordou o comité impulsor do proxecto, formado por representantes dos cinco concellos integrantes (Ponteceso, Cabana, A Laracha, Carballo e Coristanco) e liderado pola Deputación da Coruña, representada polo vicepresidente Xosé Regueira.

Na xuntanza tamén se abordou a liña de subvencións para a mellora da imaxe dos establecementos de hostalería, e informouse sobre a localización dos miradoiros e as áreas de aparcamento, e sobre a sonorización do río, para o que se pediu a cooperación de todos os axentes implicados. Os concellos, pola súa banda, solicitaron que se fagan as xestións posibles para obter os permisos ante Augas de Galicia e Medio Ambiente.

O proxecto está concibido para ofrecer un produto turístico de calidade, baseado na gastronomía local e sostible, e para cumprir cos eixos transversais que os fondos Next Generation esixen.