FEIRAS DO ABRIL 2024 EN VAL DO DUBRA

Arranca unha nova edición das Feiras do abril con afluencia de público e variedade de actividades

Esta sábado continuará a festa coa verbena a cargo da orquestra Metrópolis e Discomóbil CDC

Na xornada do domingo será a quenda para a exposición de gando e o luns, como de costume, o campo da feira acollerá a xa afamada Festa da Empanada

Imaxe da inauguración das Feiras do Abril de Val do Dubra

Imaxe da inauguración das Feiras do Abril de Val do Dubra / CEDIDA

El Correo Gallego

As Feiras do Abril arrancan cunha programación que reunirá visitantes e veciños na zona centro de Bembibre, que por vez primeira acollerá estas xornadas co fin de dinamizar o comercio e hostalería do centro do municipio.

Así, as Feiras do abril foron inauguradas na presenza de Antonio Leira, deputado provincial, de Diego Luis Díaz, alcalde de Val do Dubra, o tenente alcalde Antonio Negreira e as concelleiras Celsa Oreiro, Tania Barcia e Carmen Vilacoba. Ademais tamén acudiron ao arranque do evento o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, o alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro e a alcaldesa de Trazo, Fina Suárez.

A actuación da asociación dubresa de música tradicional Regueifa puxo o toque musical inicial abrindo así camiño a tres días de actividade no municipio. A festa continuará cos xogos tradicionais ao longo da mañá, onde tamén se poderá visitar o Mercado de Artesanía. Ás 18:30h. será o momento de rir co monólogo do cómico e humorista Pepe Suevos. Á noite continuará a festa coa verbena a cargo da orquestra Metrópolis e Discomóbil CDC.

Agrupación Regueifa

Agrupación Regueifa / CEDIDA

Na xornada do domingo será a quenda para a exposición de gando. O vermú estará amenizado por Alborada e ás 17h quenda para o espectáculo Peter Punk Pallaso.

O luns, como de costume, o campo da feira acollerá a xa afamada Festa da Empanada. Tamén terá lugar o mercado habitual de primeiro de mes con polbeira, degustación de vaca cachena e música co Dúo Matices.