Vinte webseries de once países no festival Carballo Interplay

O encontro de contidos dixitais celébrase do 4 ao 7 de abril

Fotograma da webserie 'Gliwensbourg' que poderá verse no Carballo Interplay

Fotograma da webserie 'Gliwensbourg' que poderá verse no Carballo Interplay / Carballo Interplay

J. M. Ramos

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebra do 4 ao 7 de abril, proxectará na sección oficial 20 webseries de 11 países, entre as que destacan varias galegas. Entre as internacionais atópanse proxectos de Canadá, Arxentina, China, Francia, República Checa, Colombia, Corea, Dinamarca, Australia ou Kazajstan.

Estrearanse tamén as series galegas Nómades, dirixida por Marta Insua; Poscoito, de Héctor Rodríguez; Pulp Air, de Anita Pico; e Rent-a-pal de Irene Pin. As proxeccións divídense en catro bloques en base á súa temática. En total repartiranse nesta edición 6.000 euros en premios.

Ademais, pasarán polo festival shows de gran popularidade, como Maldito Bollodrama, o cómico Xavi Daura, Carolina Iglesias e Laura Márquez, que presentarán o seu primeiro espectáculo xuntas. O debate de ideas xuntará voces recoñecidas do panorama estatal dixital, como Alán Barroso, Ainhoa Marzol, Alba Lafarga e os credores de Policía del Afecto ou @afirmacion.es.