Debate poético en Negreira con Trigo, Dacosta, Valle e Fernández Maneiro

Terá lugar no local social de Gazafellos

O local social de Gazafellos do Val, no número 6 da avenida das Brañas de Negreira, acollerá un debate poético o próximo domingo 7 ao mediodía. Estarán as poetas Branca Trigo, Marta Dacosta, Luís Valle e Andrea Fernández Maneiro, que presentarán os seus últimos poemarios e serán entrevistadas polo tamén poeta Manuel López Rodríguez, moderador do acto. En concreto, Branca Trigo virá con Transo (Malafera); Luís Valle con As asuras (Barbantesa); Fernández con Voto de silencio (Medulia); e Dacosta, Notas sobre a extinción (Galaxia).

TEMAS