Un condutor ferido ao saírse da estrada o seu vehículo na AC-445 en Fisterra

Á chegada das asistencias estaba desorientado e foi trasladado ao hospital de Cee

Vehículo accidentado nas proximidades da rotonda de Sardiñeiro

Vehículo accidentado nas proximidades da rotonda de Sardiñeiro / Bombeiros de Cee

J. M. Ramos

Un condutor resultou ferido tras saírse da vía o seu vehículo cando circulaba pola estrada AC-445, en Fisterra. A incidencia ocorreu á saída da rotonda que da acceso á parroquia de Sardiñeiro e ata o lugar foron mobilizados os bombeiros do parque comarcal de Cee.

O condutor do vehículo, único ocupante do mesmo, atopábase desorientado e precisou asistencia do 061 antes de ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

O operativo estivo integrado tamén pola Garda Civil de Tráfico da Coruña, Urxencias Sanitarias 061 de Cee e voluntarios de Protección Civil de Fisterra.