OBRAS

A Deputación financiou 53 melloras de infraestruturas e servizos municipais en Dumbría

O investimento nos últimos anos no municipio superou os 15 millóns de euros

Valentín González, esquerda, e o alcalde, Raúl González, durante a visita a Dumbría

Valentín González, esquerda, e o alcalde, Raúl González, durante a visita a Dumbría / Deputación da Coruña

J. M. Ramos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o Concello de Dumbría para avaliar co alcalde, Raúl González, os investimentos levados a cabo pola institución provincial no municipio e as posibles futuras actuacións.

Formoso subliñou que desde a súa chegada ao goberno provincial “a Deputación investiu en Dumbría máis de 15,3 millóns de euros, dos que máis de 6 se corresponden co Plan Único”. Con cargo a este programa, melloráronse diversos núcleos rurais a través de pavimentacións ou servizos, como o de abastecemento de auga ou a renovación da iluminación pública. En total foron 53 actuacións.

O alcalde de Dumbría, Raúl González, agradeceu “a continua colaboración da Deputación á hora de realizar investimentos no noso municipio que, sen dúbida, melloran as infraestruturas e servizos, sobre todo nos núcleos rurais”.

TEMAS