LITERATURA

A ‘Antoloxía Poética’ de Labarta Pose chega ao Museo do Pobo Galego

O filólogo e editor Xosé María Rei presentouna no IES Maximino Romero

Estudantes do IES Maximino Romero co filólogo Xosé María Rei en Baio

Estudantes do IES Maximino Romero co filólogo Xosé María Rei en Baio / IES M. Romero

J. M. Ramos

A Antoloxía Poética de Labarta Pose segue a percorrer centros de ensino e espazos culturais. A próxima parada será no Museo do Pobo Galego, onde se presentará o martes, día 16, despois de recalar no IES Maximino Romero, de Baio (Zas). Ademais dos editores, Xosé María Rei e Xosé Manuel Varela, no acto intervirán Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Jorge Mira Pérez, voceiro da Comisión Letras Galegas para Labarta Pose; Manuel Muíño, alcalde de Zas; e Xesús Domínguez Dono, director de produción da Editorial Galaxia.

O libro -que xa está na rúa dende o pasado mes de febreiro- recolle un total de corenta poemas en lingua galega do escritor e xornalista baiés Enrique Labarta Pose, e forma parte da colección Letras Galegas Clásicos

Ademais de poder consultarse nas bibliotecas municipais de Zas e Baio, o Concello zaense enviou dous exemplares a todos os centros de Educación Secundaria da contorna co fin de achegar e divulgar a obra de Labarta Pose entre todos os públicos. J. M. RAMOS