ENCONTRO

Conversa literaria de Modesto Fraga e Rafael Mouzo ao redor da figura de Don Emerito en Fisterra

O poeta fisterrán reiterou a petición de que se lle adique a Praza da Constitución

O exalcalde corcubionés reivindica que os seus restos e os da súa dona descansen na vila

Roberto Traba, esquerda, Modesto Fraga e Rafael Mouzo na conversa no Bela Fisterra

Roberto Traba, esquerda, Modesto Fraga e Rafael Mouzo na conversa no Bela Fisterra / Víctor Hugo

J. M. Ramos

O Hotel Bela Fisterra abriu as súas portas a un novo encontro literario ao redor da figura de Desiderio Paz Figueroa, mais coñecido como Don Emerito, un médico que chegou á vila fisterrana en 1909 e que se converteu no "grande impulsor de todas as actividades sociais e culturais do municipio", segundo o escritor Modesto Fraga, quen recuperou a súa vida e obra nun novo libro da Biblioteca da Fisterranía.

Asistentes á conversa literaria celebrada no Hotel Bela Fisterra

Asistentes á conversa literaria celebrada no Hotel Bela Fisterra / Víctor Hugo

Fraga comparteu conversa co exalcalde de Corcubión, Rafael Mouzo, e converteron o acto de lembranza e exaltación da figura de Don Emerito nun espazo de reivindicación. Así, o poeta fisterrán reiterou a súa petición para que o Concello renomee a Praza da Constitución e pase a chamarse Praza Don Emerito. Pola súa banda, Mouzo Lago entende que os restos mortais de Desiderio Paz e a súa dona Jesusa deberían descansar en Fisterra.

Modesto Fraga, xunto co polifacético escritor fisterrán Roberto Traba Velay e a escritora ceense Ainhoa Conde, recitaron varios dos poemas de Don Emerito. Da presentación do acto encargouse o xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso.