TRÁFICO

Ferido o condutor dunha furgoneta que ardeu na estrada AG-11 á altura da Pobra

Sufriu queimaduras de primeiro grado

O bombeiros do parque comarcal de Boiro sufocaron as lapas

Estado no que quedou a furgoneta incendiada na estrada AG-11

Estado no que quedou a furgoneta incendiada na estrada AG-11 / ADC Bombeiros Boiro

J. M. Ramos

O condutor dunha furgoneta que se incendiu cando circulaba pola estrada AG-11, á altura da Pobra do Caramiñal, resultou ferido ao sufrir queimaduras de primeiro grado. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Parque Comarcal de Boiro, que procederon a sufocar as lapas e atender á persoa ferida.

Unha vez apagado o lume e atendido o condutor, procederon a retirar o vehículo da vía e proceder á limpeza da estrada. Ata o lugar tamén foron mobilizados axentes da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e servizos médicos do 061.