LITERATURA

Marilar Aleixandre será a madriña de Marea Viva no Bela Fisterra

Relevará ao escritor berciano Juan Carlos Mestre

Marilar Aleixandre será a madriña de Marea Viva, no Hotel Bela Fisterra

Marilar Aleixandre será a madriña de Marea Viva, no Hotel Bela Fisterra / Víctor Hugo

J. M. Ramos

A escritora Marilar Aleixandre, membro da Real Academia Galega e Premio Nacional de Narrativa en 2022, será a madriña de Marea Viva, o cuarto vivo do Bela Fisterra, un hotel literario con 16 habitacións, quince dedicadas ás grandes obras da Literatura universal do Mar e unha dedicada a unha estrela literaria contemporánea que logo de aloxarse nese cuarto, se inspira, crea e agasalla coa sua obra para tematizar ese espazo.

A primeira madriña de Marea Viva foi Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e sucedeuna Juan Carlos Mestre, o artista berciano, Premio Nacional de Poesía 2009 e da Crítica 2012.

Juan Carlos Mestre pasaralle o testemuño a Marilar nun evento que se celebrará o sábado 4 no mes das Letras. O fallo do comité de sabios de Bela Fisterra tomou esta decisión por unanimidade, valorando moi positivamente o seu extenso currículo e a sua intensa relación co territorio e co Batallón Literario da Costa da Morte (BLCM)

O referido comité de sabios está formado na actualidade por Antón Castro, Juan Creus, Covadonga Carrasco, Xosé Teiga, Yolanda Castaño, Bieito Romero, Modesto Fraga e Rodrigo Costoya.