CULTURA

A Mostra de Teatro Labarta Pose trae a Zas funcións de compañías das catro provincias galegas

O xurado seleccionou cinco obras de entre as case trinta presentadas

Repartiranse 3.900 euros en premios nun acto que terá lugar o 25 de maio

A compañía Fauna 113 Teatro, de Vigo, na Mostra Labarta Pose de 2023

A compañía Fauna 113 Teatro, de Vigo, na Mostra Labarta Pose de 2023 / Concello de Zas

J. M. Ramos

O xurado da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, formado por membros do Concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius, seleccionou as cinco obras finalistas de entre as cerca de trinta pezas de teatro procedentes de grupos e compañías de toda Galicia.

As elexidas son A pousada da pantasma coxa, unha comedia da Asociación Cultural Faíscas, de Arteixo, que se representará o 20 de abril no auditorio de Baio; Lonxe dos teus abrazos, unha comedia romántica da Asociación Cultural Teatro do Ar, de Nigrán, que se poderá ver o 27 de abril no auditorio de Zas; Fatum, de O Catre Teatro, de As Pontes de García Rodríguez, que se representará o 4 de maio en Baio; Crónica dun pobo, de Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, programada para o 11 de maio en Baio; e O traballo de Andrea, do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que pechará a Mostra Labarta Pose o 18 en Zas. Todas as funcións comezarán ás 21.00 horas.

O Concello de Zas repartirá 3.900 € en premios. O acto de entrega será o 25 maio no auditorio zaense.

TEMAS