Vinte e nove obras participarán no festival de teatro Labarta Pose

Imagen do Concello de Zas

Imagen do Concello de Zas / Zas

Redacción

O xurado da sexta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, xa está a visualizar as vinte e nove obras de teatro que optan a participar nesta edición, na que se repartirán un total de 3.500 euros en distintos premios.

Das 29 propostas recibidas o xurado elixirá cinco finalistas de cinco compañías ou grupos de teatro afeccionado diferentes e que se representarán os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio, repartidas nos auditorios de Zas e de Baio. Lugo, As Pontes, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vedra, Vigo, Teo, Ferrol, Coles (Ourense), Mugardos, Narón, Cambre, Corcubión, Tomiño, Ares e Nigrán son algúns dos lugares dende onde chegaron as obras de teatro para a sexta mostra. Na súa maioría pertencen ao xénero da comedia.

Este é un certame organizado polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, que ten como propósito fomentar o teatro afeccionado en galego.

Por outra banda, lembran que ata do domingo, día 9, as persoas que desexen afondar na apaixonante historia das Torres do Allo poden facelo a través das visitas guiadas diarias que comezan ás 13.00 e ás 17.00 horas. O pazo está aberto ó público de 11.00 a 20.00 e os cativos poden desfrutar do xogo A aventura do Allo.

TEMAS