OBITUARIO
Tristura no mercado de abastos santiagués polo pasamento de Lolo Fernández
Será incinerado esta tarde tralo acto civil que terá lugar ás 16 horas no tanatorio Santiago Apóstol

Tristura no mercado de Abastos polo pasamento repentino de Lolo Fernández, da Cortadoría Fina / ECG
Redacción
O mercado de abastos de Santiago vive est eluns unha xornada de loito despois de coñecerse o pasamento de xeito repentino de Lolo Fernández Otero, con tan só 56 anos de idade. O praceiro hai xa moitos anos que rexentaba xunto coa súa dona, Montse Pérez, a Cortadoría Fina, que xa antes era da súa familia, estando á fronte dela a súa nai, Fina Otero.
Na súa caseta da praza compostelá, situada na nave 2 e ocupando catro postos, os que van do 138 ao 141, estivo traballando ata este mesmo sábado, dedicándose, como viña facendo desde idade ben moza, á venda de todo tipo de carnes de tenreira, pero sobre todo de porco don salgados, elaborados como as súas grandes especialidades que son a morcilla ou os rixóns, e hamburguesas, a zorza cortada a man ou os chourizos.
O complexo funerario Santiago Apóstol, situado mesmo enfronte da entrada do camposanto de Boisaca, acollerá un acto civil a partir das catro desta tarde para dar paso á incineración na intimidade familiar.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago
