DIVULGACIÓN

Oito investigadores levarán a ciencia aos bares de Carballo no festival Pint of Science

Celebrarase os días 13, 14 e 15 de maio en máis de vinte países de todo o mundo

Investigadoras e científicos que participarán no Pint of Science

Investigadoras e científicos que participarán no Pint of Science / Concello de Carballo

J. M. Ramos

Begoña Nicolás, doctora en Matemáticas e Informáctica; Francisco J. Blanco , coordinador do Grupo de Investigación en Reumatoloxía-Saúde no Inibi e no CICA-UDC; Lucía Tasende, máster en Materiais e Nano Química e unha das 20 Optica Women Scholars de todo o mundo; Patricia Seoane, Investigadora Posdoutoral Marie Sklodowska-Curie Global; Francisco J. Toja, especialista en Farmacia Hospitalaria no CHUS; María Andrade, doutora en Socioloxía pola UDC; Eva Souto, doutora en Dereito; e Verónica Bolón, enxeñeira informática e membrodo Centro de Investigación TIC son os oito investigadores carballeses ou con raíces no concello que participarán na primeira edición do festival Pint of Science Carballo, un evento de divulgación científica que xuntará investigadores e público nos bares.

Carballo será un dos 66 concellos de España que encherá os bares de ciencia os días 13, 14 e 15 de maio, nun evento que se celebrará de xeito simultáneo en máis de vinte países de todo o mundo.