MOTOR

Coche e hotel por mercar un vehículo nos talleres de Feriauto

Sortearán un paquete de Smartbox entre as persoas que merquen un vehículo ata o 15 de maio

Exposición de vehículos de Feirauto na Praza Jorge Mira, de Baio

Exposición de vehículos de Feirauto na Praza Jorge Mira, de Baio / Feirauto

J. M. Ramos

Os tres talleres de Baio (Zas) que promoven Feirauto sortearán unha noite de hotel para dúas persoas entre quenes merquen un coche entre o 15 de abril e o 15 de maio. Actualmente, dispoñen nas súas instalacións de máis dun cento de vehículos seminovos e de ocasión de diferentes marcas e modelos (SUV, familiares, furgonetas) e de gama media-alta.

"Unha noite nun hotel sempre é unha experiencia especial e por iso en Feirauto Baio acabamos de poñer en marcha un sorteo tamén especial", subliñan os organizadores. Os agraciados poderán escoller entre as diferentes estancias incluídas no paquete Smartbox.

Ademais, a Asociación do Automóbil de Baio xa ten programada a 53 edición de Feirauto, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xuño. Porán á venda, a uns prezos especiais, coches seminovos, kilómetro cero e de ocasión de gama media-alta. Un ano máis, os promotores contarán co apoio da Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom) e do Concello de Zas.

TEMAS