David Santomil deixa a Corporación amesá tras doce anos para dar paso a unha renovación xa “rodada” no Bloque
O líder do BNG da capital maiá asegura que é o momento de dar paso ás compañeiras
Entrará no grupo Carlos García Vieito e Escarlata Pampín vai converterse na nova voceira

David Santomil Mosquera, líder do BNG de Ames / D.S.
David Santomil Mosquera, membro da Corporación de Ames dende hai 12 anos, deixará a súa acta de concelleiro no vindeiro pleno municipal, despois de que este xoves dera conta e consensuara coa asamblea local do BNG amesán a súa decisión. O argumento deste político de vocación é “a necesaria renovación do equipo”, no que a actual edil Escarlata Pampín será a nova voceira nacionalista.
Santomil, que foi membro do equipo de goberno en coalición co PSOE dende 2015 a 2023, lembra que deixa un grupo “rodado” no que ademais as mulleres estarán á fronte. “Escarlata, sempre que así o dedida a asemblea local, ten moita experiencia e, ademais, contará cos compañeiros Rosalía Seijas, Natividade González e Alexandre Espinosa, sumándose Carlos García Vieito previsiblemente o vindeiro mes”.
Licenciado con grao en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, David Santomil é tamén doutor en Xeografía e Análise do Territorio e traballa na Axencia Galega de Innovación, GAIN.
Primeiras verbas
Pola súa banda, Pampín indica que "afronto esta etapa como voceira do BNG con moitísima ilusión e coa certeza de que nas eleccións municipais do ano 2027 seremos a alternativa que nos levará ó cambio de goberno no noso Concello”. Santomil quixo lembrar, ao fío, que o traballo do BNG durante estes 8 anos centrouse en continuar e ampliar ás áreas de xestión, as políticas e proxectos 'marca BNG', “unhas políticas derivadas da escoita e do sentir das veciñas e veciños" da capital maiá, tal como destacou.
David tamén subliñou que neste período “destacan as negociacións levadas a cabo coa Xunta para a ampliación de varios centros escolares e as xestións para lograr os investimentos necesarios para construír un novo colexio no Milladoiro”. Así como a xestión dos comedores escolares e os programas de conciliación municipal e iniciouse a construción da “cociña central” na antiga nave de obras en Bertamiráns. Ademais da declaración de A Ponte Maceira como Ben de Interese Cultural (BIC) que marcou un fito importante neste período para a protección" dun dos principais elementos patrimoniais dos concellos de Ames e Negreira.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
