A seguridade vial, a debate na primeira reunión do Consello Escolar de Ribeira

Participantes na primeira reunión do Consello Escolar de Ribeira

Participantes na primeira reunión do Consello Escolar de Ribeira / Cedida

Suso Souto

A Casa da Xuventude de Ribeira acolleu a primeira reunión do Consello Escolar Municipal, integrado por representantes de todos os centros educativos, profesorado, alumnado, sindicatos e representantes públicos. Durante a reunión discutíronse varios temas, como a necesidade de establecer medidas de calmado de tráfico e seguranza viaria nas contornas escolares, a necesidade de mellorar o illamento e a renovación de fiestras en varios colexios e institutos ou a xestión dos comedores escolares e o servizo de monitorado, que lle ocasionan uns gastos importantes ás ANPA.

A comunidade escolar tratou tamén temas clave como a necesidade de que a Xunta adopte medidas que garantan un bo funcionamento do transporte escolar ou que dote aos centros educativos do profesorado suficiente, sobre todo o que atende á rapazada.

O alcalde, Luis Pérez, dixo que “as suxestións compartidas no Consello Escolar Municipal servirán como guía para o desenvolvemento das tarefas de mantemento que debe asumir o Concello de Ribeira”.