ACTIVISMO
Alumnos dos institutos Virxe do Mar e A Cachada fixeron o Paseo de Jane por Noia e Boiro
A iniciativa, de ámbito internacional, reivindica as rúas como espazos de encontro e convivencia
É unha chamada a promover un urbanismo inclusivo, participativo e de xénero

Estudantes de Boiro e Noia realizando o Paseo de Jane / Cedida
J. M. Ramos
Os estudantes do IES A Cachada, de Boiro, xunto cos do IES Virxe do Mar, de Noia realizaron este venres o coñecido Paseo de Jane, unha iniciativa de ámbito internacional que se organiza cada ano o 4 de maio, coincidindo coa data de nacemento da activista e urbanista canadense Jane Jacobs.
Un paseo que tiveron que aprazar vinte días porque “non puidemos facelo no seu momento polas choivas”, aclaran dende o instituto da capital boirense.

Unha das paradas foi na casa do concello de Noia / Cedida
A proposta consiste en realixar accións e percorridos, de xeito simultáneo en varias cidades do mundo, para reivindicar as rúas como espazo público de convivencia e encontro. Trátase, segundo sinalan dende o IES A Cachada “dunha chamada colectiva para promover un urbanismo inclusivo, participativo e de xénero”.

Visita ao Club de Remo de Cabo de Cruz / Cedida
O roteiro levou ao alumnado pola mañá á vila de Noia, onde visitaron a casa do concello e a igrexa de Santa María a Nova, entre outros espazos, e pola tarde percorreron as rúas e diferentes recunchos de Cabo de Cruz (Boiro).
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión