EXCURSIÓN
Susto en Cee ao perderse no monte Pindo un alumno do IES Fernando Blanco
O estudante conseguiu chegar, san e salvo, polos seus propios medios ata O Ézaro
Na búsqueda participaron a Policía Local e Protección Civil de Carnota, Garda Civil e o GES de Muros

Cumio do mítico monte Pindo / Bombeiros GES Muros
J. M. Ramos
O que era unha xornada de ocio e aprendizaxe polo monte Pindo acabou nun gran susto, afortunadamente con final feliz. As alarmas saltaban ás 16.00 horas cando un grupo de profesores e alumnos do IES Fernando Blanco, de Cee, alertaron aos servizos de Emerxencias que un dos estudantes desaparecera cando camiñaban cara o cumio do Pindo.
O mozo adiantarase ao grupo e extraviuse por algún dos numerosos sendeiros que hai no mítico monte, onde é habitual que se perdan os sendeiristas. Ao parecer, o estudante non levaba teléfono móbil, polo que non podían contactar con el nin tampouco xeolocalizalo. De inmediato, organizouse un equipo de búsqueda por cuadrantes ao que se sumaron efectivos da Policía Local e Protección Civil de Carnota, así como axentes da Garda Civil, e bombeiros do GES de Muros.
Dúas horas despois, en torno ás 18.00 horas, os equipos foron avisados de que xa fora localizado o estudante que, por fortuna, foi quen de baixar polos seus propios medios ata O Ézaro. Ao parecer, dixo que se despistara e estivo dando voltas ata atopar un camiño que o levou ata O Ézaro (Dumbría).
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La humanización de Milladoiro acaba: fin de semana de asfaltado y recepción el 29
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La Real Filharmonía de Galicia, en la encrucijada
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
