O eco da memoria do Monte Pindo
aAntena Teatro presentou un documental que recolle as testemuñas de veciños e veciñas sobre historias vinculadas ao Olimpo sagrado dos celtas // Encádrase nun proxecto de investigación que inclúe un portal web cos fondos audiovisuais, actividades escolares e un roteiro virtual no que se empregará a realidade aumentada

Catro das veciñas de Carnota cuxas testemuñas se recolleron no marco do proxecto Espazos da Memoria: Monte Pindo / Cedida
Suso Souto
O Monte Pindo de Carnota (un macizo de 627 metros de altura considerado o Olimpo sagrado dos celtas) é un lugar cheo de historias de persoas que o habitaron ou que alí estiveron. Os máis vellos contan, por exemplo, como moitos homes do Ézaro sobreviviron á Guerra Civil grazas ás furnas, onde permaneceron agochados, e ás mulleres que izaban unha especie de saba branca para avisar aos fuxidos de que non podían baixar ao pobo.
Durante a Guerra Civil e a represión franquista moitos foron os que acudiron a refuxiarse nas covas do Monte Pindo; homes do Pindo, O Ézaro, O Fieiro e outras aldeas ligaron o seu destino ao abrigo da pedra.
O pobo quedou ligado ao Monte Pindo, que lle deu protección nos tempos máis difíciles, e é tamén berce dunha historia de solidariedade e fraternidade entre a veciñanza. Un lugar de memoria e tamén de resistencia onde poñer a lente nesas mulleres que daban de comer, axudaban e seguían coidando dos homes.
A confraría do Pindo (Carnota) e o edificio Bitácora do Ézaro (Dumbría) acolleron este sábado a presentación do proxecto Espazos da Memoria: Monte Pindo, subvencionado pola Deputación da Coruña e que levou a cabo aAntena Teatro (especializada en accións escénicas utilizando temas como a Memoria Histórica, o patrimonio invisible ou a igualdade) para recoller a memoria do lugar.
Unha exploración nesas vivencias que aínda algún coñece de primeira man. Trátase dun proxecto de recollida de testemuñas, investigación documental e integración da memoria no propio lugar, dende unha perspectiva de xénero e en base a criterios antropóloxicos, para a produción de contidos dixitais.
A iniciativa inclúe tamén a creación dun portal web cos fondos documentais, gráficos, audiovisuais e sonoros que será útil para a información, a consulta e a investigación; un vieiro polos espazos da memoria do Monte Pindo para achegar á mocidade e aos centros educativos; e un roteiro virtual no que se empregará a realidade aumentada e que permitirá aos usuarios interactuar co seu entorno a través do móbil ou a tablet.
O equipo que se mergullou nas historias relatadas polos veciños e veciñas está formado polo xornalista Ubaldo Cerqueiro, quen guiou o traballo de recollida (facendo entrevistas e recopilando documentos); o técnico audiovisual Marcos Boedo, quen fotografou e capturou o proceso de recollida e traballo de campo; e a deseñadora gráfica Alicia Baña, que crea a imaxe e dá forma á paxina web cos contidos xerados.
“Monte Pindo é un espazo con memoria e buscamos recuperala con esas historias, esas cartas e documentos que están vivos”, explican os promotores deste proxecto.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa