SERVIZOS
Sanidade estuda recorrer a médicos con segunda residencia en Barbanza para que traballen no verán na zona
O conselleiro asegura que a atención urxente no centro de saúde de Ribeira está garantida
Lembra que nos últimos anos incrementouse o número de profesionais
O BNG cualifica de "escandalosa" a falta de facultativos na capital ribeirense

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, na súa comparecencia no Parlamento / Xunta
J. M. Ramos
A Xunta está a avaliar a posibilidade de que facultativos con segunda residencia no Barbanza poidan traballar no verán nos centros de saúde da zona, segundo indicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, no Parlamento, en resposta a unha pregunta sobre a atención sanitaria en Ribeira e as medidas previstas para incrementar a cobertura das prazas de médicos.
Incidiu en que a Xunta está a buscar solucións “imaxinativas e resolutivas”. Apuntou a posibilidade de que facultativos externos acudan puntualmente a realizar xornadas de consultas, ademais de, en diálogo coas xerencias das áreas sanitarias, deseñar plans para cubrir a asistencia ante este falta de profesionais.
Remarcou que a atención urxente no centro de saúde de Ribeira está garantida, aplicando todas as ferramentas de clasificación de doentes das que dispón o Sergas. Lembrou, ademais, que o centro conta coa colaboración e presenza de todo o persoal de enfermería, “que fai un labor moi importante no seguimento dos pacientes crónicos e na atención dos agudos”.
No centro de saúde de Ribeira creouse no 2020 unha nova praza de facultativo en horario de mañá, e no 2022 solicitouse a reconversión de dúas prazas de médico de familia a facultativo especialista en primaria, que se cubriron con dous profesionais. Ademais, no PAC aumentouse a presenza de médicos e enfermeiras nas quendas de tarde de luns a venres, segundo indicou Caamaño.
Esperas de tres semanas
Pola súa banda, a deputada do BNG, Rosana Pérez, cualificou de “escandalosa” a falta de médicos en Ribeira e afirmou que os pacientes teñen que esperar “agora até tres semanas para ser atendidos”. Unha situación que, engadiu, “aínda será peor coa chegada do verán, cando a poboación case se triplica”.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte

