INCENDIO

Arde un vehículo no lugar de Pontenaveira, na Pobra do Caramiñal

Os bombeiros de Ribeira extinguiron as lapas, que se orixinaron no motor

Afortunadamente, só houbo que lamentar danos materiais

Os bombeiros de Ribeira sufocaron as lapas do vehículo incendiado

Os bombeiros de Ribeira sufocaron as lapas do vehículo incendiado / Consorcio

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados esta mañá, ás 08.00 horas, dun incendio que afectou a un vehículo no lugar de Pontenaveira, na parroquia de Caramiñal no municipio da Pobra do Caramiñal.

O lume orixinouse no motor do automóbil e precisou da asistencia dos bombeiros para poder ser extinguido. Na incidencia tan só houbo que lamentar danos materiais.

No operativo tamén participaron a Policía Local da Pobra e a Garda Civil de Boiro.