Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Asociación de Mineiros ratifica o gran avance dos traballos para a recuperación das augas na zona

Estiveron acompañados de técnicos de Cobre San Rafael // A entidade afirma que o sistema de drenaxe xa está moi avanzado // “O compromiso é absoluto”

Membros da Asociación de Mineiros Touro O Pino realizaron unha visita aos terreos da antiga mina de Touro, onde puideron comprobar o avance dos traballos para a recuperación integral das augas da contorna. Acompañados dos técnicos de Cobre San Rafael, coñeceron as novas canalizacións e a planta de Tratamento de Augas construída. Aínda estando en fase de probas, pódese constatar que o sistema de drenaxe xa consegue que non saia auga aceda cara ao exterior.

Queren manifestar que como asociación o “noso compromiso coa contorna é total e absoluto, e valoramos positivamente a iniciativa da empresa que quere levar a cabo o Proxecto Touro, e o feito de que estea en plena sintonía cos veciños e a sustentabilidade ecolóxica do territorio”, apuntan dende a entidade. “A rehabilitación da mina era unha débeda coa comunidade de Touro e O Pino dende os anos 70, grazas a estas intervencións os antigos pasivos estanse a converter en sostibles”, engaden.

O proxecto integral de Cobre San Rafael, segundo explicaron os seus técnicos, tamén inclúe outras infraestruturas para que estas solucións medioambientais sexan para sempre. Como por exemplo, a canle de drenaxe para recoller as augas pluviais procedentes da zona norte, evitando que entre en contacto cos antigos materiais, podendo volver a canle pública en boas condicións. “Ditos traballos para a recuperación integral das augas da contorna nos terreos da antiga mina, demostran o cumprimento dos acordos adquiridos un ano atrás”, puntualizan osmembros da Asociación. Por iso, “agora con máis forza se cabe, reivindicamos que a minería é o futuro laboral, industrial e económico da nosa comarca. As novas tecnoloxías extractivas, o plan de saneamento e a vontade dos veciños reflicten as gañas que todos temos por recuperar un traballo digno e sostible como é o de mineiro”, din.

“A minería é reindustrialización pero tamén é modernidade e sostibilidade, os tres valores sobre os que se basea esta Asociación que quere recuperar o futuro para a nosa comarca”, sentencian.

02 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.