Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A capital empresarial da Costa da Morte está en Santa Comba

Acolleu a reunión do meirande Business Network International de Europa: ACO Dolmen // Pose gabou as posibilidades xalleiras

O BNI (Business Network International) ACO Dolmen reuniu a 140 persoas en Santa Comba. Este grupo de empresarios da Costa da Morte e o seu entorno, presidido por José Manuel Mato, de Coutosegur Ponteceso, forma o BNI máis numeroso de Europa cos mesmos membros, 121, que o canario La Brújula.

O modelo do BNI chegou de Estados Unidos e funciona desde 1985 coa finalidade de facer contactos de negocios. Basease nas interaccións entre os socios e na confianza que xeneran entre eles nas habituais reunións que celebran para recomendarse a terceiros ou para compartir información que poida ser relevante para a súa actividade.

Precisamente, a filosofía do BNI é givers gain (os que dan recibirán), e brinda aos seus membros a oportunidade de compartir ideas, contactos, redes e ata referencias de negocios. “Ser socio de esta organización supón que o resto de compañeiros actúan como un equipo de comerciais”, explican dende a entidade.

Na sesión celebrada no Restaurante Leandro de Santa Comba, os asistentes, despois dunha intensa xornada de traballo, visionaron un video sobre a capital xalleira coa explicación da alcaldesa, María Pose, sobre as imaxes que nel se podían ver. Precisamente, a rexedora sinalou na súa intervención que “Santa Comba coñécese históricamente polo seu vínculo co campo, principalmente co sector gandeiro e cunha especial incidencia na producción leiteira. É o terceiro municipio de Galicia en número de cabezas de gando”, aínda que “é moito máis. Ás actividades do agro, súmase a mineiría, unha industria que noutro tempo marcou a vida de moitos veciños e tamén o devenir histórico” local.

Tamén explicaba diante dos empresarios invitados que “o noso polígono industrial alberga empresas que teñen a Santa Comba como centro de operacións por ser o entorno perfecto para o desenvolvemento empresarial grazas á disponibilidade de espazo e a unha administración cercana cun servizo eficaz”, propiciando que as industrias poidan medrar, desenvolverse e expandirse coa conseguinte creación de emprego que leva aparellada.

Ademais, Pose lembrou que a só 38 quilómetros da capital de Galicia, en cen quilómetros á redonda as empresas xalleiras teñen ó seu alcance tres aeroportos e varios portos pesqueiros ou de mercadorías destacando os da Coruña, Vigo ou Ribeira. Por todo iso, Santa Comba convértese na mellor elección para o desenvolvemento dun proxecto empresarial”. Rematou declarando que “o polígono industrial, o comercio local, a gandeiría e agricultura, a mineiría e a cercanía ás grandes cidades fomentan as sinerxias e a cooperación entre elas, todo iso complementado cun núcleo urbano, cercano e tranquilo, alonxado do ruído, pero con todos os servizos dunha cidade.

Pero tampouco faltaron referencias á importancia da produción madereira, ó “forte sector hostaleiro que desborda calidade e profesionalidade”, ocio nocturno e un rural marcado pola natureza, do paso do Camiño Xacobeo e a Vía Céltica. O acto incluiu a visita a dúas destacadas empresas locais, Maquisaba e Forjados Santa Comba.

02 mar 2022 / 21:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.