Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada vai renovar as piscinas tras 25 anos sen melloras na súa estrutura

Estúdase reconverter o vaso grande en dous que alberguen menores dimensións, así como a instalación de novas tubaxes

O alcalde da Estrada, José López, avanzou este xoves que o Concello levará a cabo unha reforma integral das piscinas municipais, logo de reunirse con técnicos municipais para avaliar o estado das instalacións e determinar as actuacións que se deberán acometer. O rexedor local explicou que, “despois de levar máis de 25 anos sen que as piscinas municipais sexan obxecto de melloras estruturais”, durante o encontro mantido cos técnicos constatáronse varias deficiencias e perdas de auga na piscina olímpica, e engadiu que “desde o Concello non imos permitir nin por funcionalidade nin por eficiencia continuar cunhas instalacións neste estado”.

As actuacións plantexadas centraríanse no vaso de maior capacidade, de 50 metros de longo e 25 metros de ancho, e consistirían en converter esta piscina olímpica en dous vasos máis pequenos: un deles de 25 metros de longo por 12,50 metros de ancho, e o outro de 16 metros de longo por 8 metros de ancho. Esta mellora conlevaría un importante aforro, xa que dos arredor de 2.000 metros cúbicos de auga que son empregados na actualidade para encher a piscina olímpica, coa construción dos dous novos vasos só se precisarían 700.

Ademais, tamén permitiría aumentar a oferta aos usuarios ao dispoñer dun novo vaso intermedio de menor profundidade. Os traballos completaríanse co cambio de todo o sistema de circulación da auga. “Con estas importantes melloras reducirase considerablemente o consumo de auga e a veciñanza poderá volver a gozar dunhas instalacións á altura das súas expectativas”, asegurou o rexedor estradense.

23 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.