Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Festa da Carballeira xa anuncia a Heredeiros da Crus e Rura

Zas. Despois de dous anos sen festa da Carballeira, a normalidade axuda a que se anuncie a 37 edición con un cartel cargado de sorpresas para os dous días de festa, o 12 e 13 de agosto.

A organización avanza o nome de dous dos grupos . O venres o espectáculo dos Heredeiros da Crus, un clásico do rock galego que volveu os escenarios tras máis de dous anos sen facer actuacións como grupo, contaxiará a súa enerxía ós asistentes. E no seu directo de Zas, repasará os seus grandes éxitos.

O sábado un dos grupos que estará presente sé o escocés Rura, composto por voz, gaita, whistle, flauta, violin, bodhran e guitarra. A formación musical foi a gañadora do premio ó artista mais prometedor do 2011 (MG Alba Scots Trad Music Awards Best Up and Coming Act 2011), e desde entonces, os instrumentos poderosos e fascinantes de Rura foron un punto culminante neste escenario de moitos dos festivais populares mais importantes do mundo, en mais de vinte países.

De momento, estos son os únicos grupos que se adiantan, pero nos próximos días irá habendo novidades nas resdes sociais! O que sí tamén confirmaron desde a organización é que haberá moitas sorpresas, na noite do venres, e o sábado, tanto la sesión vermú, que será mais potente ca nunca, como na noite desa mesma xornada, que estará cargada de grupos de primeiro nivel, un ano máis .

A venda de entradas abriuse este martes, 19 de abril, cunha oferta especial de bonos para os dous días a un prezo de doce euros ós que hai que sumar os gastos de xestión, para as cen primeiras entradas. Pódense a atopar na páxina oficial desa festa.

O prezo regular (ó que hai que engadir os gastos de xestión) será de oito euros para o bono de día individual e o bono para os dous días pasará a ser de quince euros. A venda online de entradas estará aberta ata o día 12 de agosto ás tres da tarde, a partir de este momento as entradas véndense en taquilla, onde os prezos serán de 12 € para un día, ou 20 o bono para os dous días. E, un ano máis, desde a organización da carballeira vaise facer unha doazón de un euro da venta de cada un dos bonos para Aspaber.

Como é habitual, e como se leva facendo en anteriores edicións, durante os días da Festa da Carballeira haberá unha zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), que ademáis contará con baños e duchas. m.b.

20 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.