Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha premiará a quenes enxalzen con fotos os seus atractivos

Convocou un concurso aberto a profesionais, veciños e visitantes, dotado con 1.150 euros

A Laracha. O Concello convoca a primeira edición do concurso de fotografía A Laracha no obxectivo, no que se convida a participar a veciños, visitantes, profesionais da fotografía e afeccionados de todas as idades. A través deste certame preténdese recoller imaxes de calquera lugar do termo municipal para destacar os seus atractivos, como poden ser o patrimonio material e inmaterial, as paisaxes, a etnografía rural, as aldeas ou as xentes.

O concurso dividirase en dúas modalidades e repartirá un total de 1.150 euros en premios. A categoría xeral ten establecidos un primeiro (500 euros), segundo (300) e terceiro (150). Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, que deben ser inéditas e non estar xa seleccionadas ou premiadas noutro certame ou concurso.

É obrigatorio que as imaxes fosen tomadas no termo municipal, e que como tal sexan recoñecibles, non admitíndose aquelas que non cumpran este requisito.

Para garantir o anonimato do participante de cara á valoración por parte do xurado, as instantáneas deben presentarse en formato dixital (CD ou lapis de memoria) no rexistro do Concello e baixo un pseudónimo. Teranse en conta para outorgar os premios aspectos como o impacto visual, a calidade técnico-artística e a creatividade.

Na modalidade Redes Sociais hai establecido un único premio de 200 euros para aquela fotografía que obteña máis “gústames” durante o período de votación que se abrirá na páxina de Facebook de Turismo do Concello da Laracha. Neste caso limítase a unha única imaxe por cada participante e poderase enviar en liña. Desde o martes día 2 e ata o 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar as fotografías en ambas modalidades. M. L.

31 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.