Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha prepárase xa para unhas festas patronais con orquestras de primeiro nivel

A cita terá lugar entre os días 14 e 17 do vindeiro mes e acollerá propostas culturais, lúdicas e deportivas

A Laracha. O municipio da Laracha prepárase para as súas festas de verán, que se desenvolverán do 14 ao 17 de agosto con motivo da celebración das festas patronais da capital municipal. O cartel conta con orquestras de primeiro nivel e tamén con propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas para o desfrute de todos os públicos.

Haberá dous escenarios principais nos que se desenvolverán os eventos: a Praza do Concello acollerá as sesións vermú e a Praza Olonne sur Mer, a maior parte das actividades das tardes e tamén as verbenas nocturnas. Os festexos comezarán o domingo 14 pola tarde co concerto infantil Uxía Lambona e a Banda Molona, a cargo de Astronauta Sideral, ás 19.00 na Praza do Concello. Pola noite, a verbena será amenizada pola orquestra Finisterre.

O luns 15, o día grande das festas, o pasacalles será a cargo da banda de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Pola tarde, desde as 18.00 horas, celebrarase unha nova edición do trofeo de fútbol Concello da Laracha no campo municipal que, como é tradicional, será en formato triangular e participarán o Laracha CF, a UD Paiosaco e o Club do Mar de Caión, servindo tamén o torneo como preparación na pretempada dos tres conxuntos. Ás 20.00 horas a Asociación Cultural Santa María de Torás ofrecerá unha actuación na Praza Olonne sur Mer. Pecharase a xornada festiva coa verbena a cargo da orquestra Compostela.

O martes 16 o pasacalles do mediodía será coa Agrupación Musical Nuestra Señora del Nordés. Ás 13.00 horas sairá a procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque e San Antonio, onde se oficiará unha misa solemne. Pola tarde, ás 19.00 horas, Somos Circo realizará o seu espectáculo de acrobacia aérea Desastronauts. E a xornada rematará co prato forte do cartel: a verbena coa orquestra Panorama. O mércores 17 a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco encargarase do pasacalles. Pola tarde, desde as 17.00 horas, a Praza Olonne sur Mer acollerá o Día do Neno con diversidade de xogos para os máis pequenos. E á noite porase o punto e final ás festas cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show. No descanso haberá un espectáculo de fogos artificiais. O alcalde aproveitou a ocasión para agradecer o importante traballo da comisión. C. E.

26 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.