Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A obra na estrada de Lago a Leis rematará este ano

Ese é o prazo que busca cumprir o goberno de Muxía para os traballos de mellora que serán aprobados en sesión plenaria

O equipo de goberno de Muxía levará á vindeira sesión plenaria para a súa aprobación o plan de execución da mellora da estrada Lago-Leis, unhas obras valoradas en máis de 329.000 euros e que desde o executivo esperan que estean listas antes de finalizar o presente ano.

Dita inversión conta coa completa colaboración entre o Concello e a Deputación Provincial da Coruña, xa que é unha demanda histórica do executivo e de necesidade polo estado da rede viaria.

Deste xeito, o alcalde de Muxía, Iago Toba, incluirá no seguinte pleno dous puntos referentes á obra. Por un lado, proporá a aportación municipal correspondente á subvención nominativa de 200.000 euros concedida pola Deputación da Coruña e que financiará o tramo desde a zona de Leis (incluído o paso polo propio núcleo) ata o límite con Vimianzo.

Por outra banda, presentará en pleno a financiación para o arranxo do tramo que está en peor estado, de Lago ata Leis, e que se levará a cabo con fondos propios ao tratarse dunha obra de gran calado.

Ademais, será a intervención de maior importe feita ata o de agora no municipio e porase en marcha coa intención de executar as dúas fases de maneira simultánea co obxectivo de axilizar os tempos. A obra consiste na construción do vial en aglomerado, con sinalética horizontal e vertical, así como a canalización de parte da cuneta en zonas sensibles.

Tras o anuncio, o concelleiro de Obras, Javier Romar, destacou “a importancia da colaboración e da boa sintonía entre o Concello de Muxía e a Deputación da Coruña para levar a cabo esta actuación tan importante para a nosa veciñanza e para o turismo”.

Toba e Romar agradeceron ó presidente da institución provincial a súa predisposición para que a estrada sexa pronto unha realidade.

28 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.