Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra formará a mozos menores de trinta anos en competencias prelaborais

A Pobra. O Concello da Pobra continúa achegando formación á poboación que redunde nunha mellora da empregabilidade de menores de 30 anos. Desta vez organiza o programa Roteiro, centrado en competencias prelaborais e que pretende dar nocións cara a unha entrevista de traballo ou á inserción laboral.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo, e a orientadora laboral, Blanca Álvarez, expuxeron os contidos da acción formativa, que inclúe obradoiro de transformación positiva de conflitos, técnicas para a busca de emprego, intelixencia emocional ou coaching e mindfulness como tácticas para superar a frustración.

As clases terán lugar ós luns, do 20 de febreiro ó 15 de maio, nas aulas da confraría, de 16.00 a 19.00 horas. Establécese un límite de 15 prazas.

Se ben o programa está concibido para se realizar de xeito colectivo, tamén haberá intervencións individuais. O prazo de inscrición será do 6 ó 16 deste mes. s. souto

03 feb 2023 / 19:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.