Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A UE aproba o proxecto de Padrón para reforzar a súa identidade europea

É a primeira iniciativa da Rede de Cidades Galegas á que Bruselas da o visto bo // Recibirán unha axuda de 145.000 €

Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea (UE); ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía, os valores comúns; reforzar o entendemento mutuo a través do diálogo intercultural e apoiar a boa gobernanza local para un papel óptimo na Europa do Futuro son algúns dos obxectivos que persegue o proxecto promovido polo Concello de Padrón e aprobado por Bruxelas. Para desenvolver esta iniciativa, o Concello recibirá unha achega de 145.000 € da UE.

O proxecto presentado por Padrón, baixo o epígrafe Reforzar a identidade europea en tempos de crise, enmárcase no programa CERV 2021-2027 (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores) da Rede de Cidades da UE e é o primeiro aprobado por Bruxelas a un municipio de Galicia dentro deste programa. No mesmo participan un total de 16 países, incluída España, (Malta, Portugal, Italia, Grecia, Romanía, Eslovaquia, República Checa, Estonia, Latviam, Hungría, Eslovenia, Croacia, Lituania, Bélxica e Polonia).

A iniciativa desenvolverase ao longo dun ano e medio (ata mediados do ano 2024) e reunirá en cinco reunións temáticas a representantes de administracións locais, de entidades da sociedade civil e mesmo a xente moza dos 16 países da Unión Europa involucrados no proxecto.

Dende o Concello valórase moi positivamente a aprobación da iniciativa. “Formar parte de programas como este é beneficio para os nosos mozos e mozas, e para a veciñanza en xeral”, subliña o alcalde. Antonio Fernández.

20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.