Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Vila do Mañá transforma Touro da man dos mozos

Con grafitis nas paredes, muros e valados tomaron conciencia da súa arquitectura, o urbanismo, o patrimonio e a paisaxe

Un grupo de quince mozos e mozas do concello de Touro transformaron o municipio e a súa capital, Fonte Díaz, grazas ao proxecto A Vila do Mañá. A mocidade, no marco desta iniciativa educativa que capitanea a arquitecta Sandra González, traballou, aprendeu e divertiuse para mudar de novo a faciana das rúas de Fonte Díaz.

Os máis novos, a través de grafitis feitos nas paredes, muros e valados, tomaron conciencia de todas as escalas do común na vila de Fonte Díaz: a súa arquitectura, patrimonio, urbanismo e paisaxe.

Esta actividade é a segunda vez que implica aos máis novos e novas do municipio. O ano pasado, nestas datas, xa participaron na proposta de transformar a vila a través dun proxecto que este ano foi seleccionado para a Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo, entre máis de oitocentos de 22 países.

Sandra González detalla o intenso traballo feito: “primeiro debatemos e tratamos de que mozos e mozas de Touro entenderan a obra e o seu contexto; e consesuamos o traballo que íamos facer”. Posteriormente, continúa, “preparamos o lenzo, neste caso os muros e valados de Fonte Díaz, e traballamos nas rúas”, dixo a arquitecta.

“En cada obra seleccionada tratamos de que os máis novos foran protagonistas; conseguindo que as súas siluetas invadiran as rúas da súa vila, de Fonte Díaz”, explicou Sandra González, quen engadiu que ese é o espírito “co que levamos traballando na Vila do Mañá dende hai anos”. Ao seu parecer: “así logramos xerar un vínculo identitario coa súa localidade de orixe, e máis aínda se son eles os que quedan plasmados”, apuntou.

“A nosa intervención pretende que Galicia teña vilas, entre elas Fonte Díaz, máis sostibles e comprometidas”. A Vila do Mañá, que comenzou a súa andaina no ano 2016 en Rianxo, estivo dirixida a mozos e mozas. “Queremos xerar nos participantes que nos acompañen unha nova identidade”, explicou Sandra, quen destacou a importancia de “ter o poder de transformar o espazo”.

De agora en diante a rapazada de Touro e os veciños e veciñas da vila convivirán cun espazo do que son protagonistas.

E é que este proxecto consegue espertar nos mozos unha nova mirada sobre os espazos nos que están a desenvolver a súa vida. Dende a infancia e a través do xogo a cativada faise máis consciente do seu entorno e tamén do proceso de construción do espazo común (barrio, praza ou cidade) no que levan habitando anos.

29 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.