Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Achacan a caída do orzamento en Brión a que non houbo viaxe nin Festa dos Vellos

Ampliarase o saneamento e a traída en San Salvador, O Cabo, Lamiño e sumidoiros e pluviais na aldea de Tourís

A Maía. O pleno de Brión aprobou nunha sesión telemática os orzamentos 2021, que ascenden a 6.710.037 euros, un 0,52 % menos ca en 2020 (6.745.220 euros). As contas saíron adiante co voto a favor do PSOE e o PP, e a abstención do BNG, que criticou o “evidente recorte” no gasto social e “os catro días” de prazo para ver a documentación. Pola súa banda, o alcalde Pablo Lago Sanmartín explicou que “mantemos as inversións en servizos sociais, cultura, transportes, emprego... aínda que as cifras xerais recollan pequenas baixadas debido a que pola pandemia este ano non presupostamos actividades que sabemos que non se van poder facer como a Viaxe dos Maiores ou a Festa dos Vellos”.

A partida destinada a gasto corrente en bens e servizos medra un 1,67 %, sobre todo polo mantemento dos servizos básicos e por unha importante suba nas consignacións destinadas á atención das necesidades xurdidas pola crise sanitaria da COVID. No capítulo de investimentos Reais, que ascende a 763.475 euros, contémplanse os 248.698 euros do POS + 2021, que se destinarán a pavimentación da travesía de Bastavaliños (Bastavales), ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga nas aldeas de San Salvador (San Salvador de Bastavales) e O Cabo (Os Ánxeles), mellora das redes de saneamento e pluviais da aldea de Tourís (Luaña), e ampliación das redes en Lamiño.

A maiores, o Concello de Brión destinará máis de 165.000 euros a obras de mantemento de espazos públicos, mellora das cubertas dos centros sociais (de Bastavales e Os Ánxeles), a actuacións de mellora dos centros de ensino (CEIP de Pedrouzos e Gardería Municipal), mantemento e dotación de parques infantís, así como melloras no alumeado e mobiliarios públicos ou pequenas obras, así como 200.000 € para mercar un tractor. m. outeiro

22 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.