Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Acusan ao tripartito de incumprir o convenio do centro de saúde de Ames

AMES. O Partido Popular de Ames considera unha irresponsabilidade que o alcalde se dedique a polemizar co centro de saúde, “unha das infraestruturas máis importantes do Milladoiro que acumula retraso na súa apertura porque o goberno socialista non fai os seus deberes e leva incumprindo o convenio reiteradamente”. E tamén di que a administración amesá coñece dende hai catro anos as súas obrigas. Os populares lembran que o 8 de setembro de 2016 firmouse o convenio para a construción do dispensario, e que “no documento queda moi claro cales son as tarefas de cada administración”, indicando que a consellería xestionou de forma impecable máis de 2.700.000 €” mentres que “os socialistas son incapaces de xestionar os 120.000€ que corresponden ao municipio, así o demostra a cronoloxía”. No seu relato, a oposición deixa claro que “na cláusula terceira do convenio figura textualmente que o Concello de Ames asumirá todos os gastos necesarios para dotar á parcela do centro de saúde das infraestruturas necesarias, tales como accesos rodados e peonís, abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica, alumeado, telefonía e a regulación do aparcamento na zoa próxima ao centro de saúde”, e que terían que estar rematadas á entrada en funcionamento do centro de día. Xa en maio de 2018, despois dun longo proceso de licitación (presentáronse 22 empresas) adxudícanse as obras, que empezaron ao mes seguinte. E xa en maio deste ano “a Consellería remite unha advertencia ao concello para que realizara a parte da urbanización que lle correspondía xa que a inacción e os reiterados incumprimentos do goberno de Ames ía provocar un retraso na apertura”. A partir de entón, enumeran as carencias (como na canaliación do gas, iluminación ou nos accesos), ata chegar ao día de hoxe, no que o dispensario leva 2 meses rematado e non pode abrir polo trámite con Fenosa. Remata o PP aludindo a que “de forma irresponsable” o executivo local intenta “desviar a atención polemizando e botándolle as culpas” a outros. C.G.

23 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.