Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicada a redacción do proxecto do futuro polígono de Coristanco

A Xunta de Galicia, por medio de Xestur, acaba de adxudicar o contrato para a redacción do Proxecto de interese autonómico (PIA) para o parque empresarial de Coristanco á empresa Antea Iberolatam S.L.U. por máis de 58.000 euros e un prazo de execución de 9 meses.

O polígono de Coristanco está incluído no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, cunha superficie de 175.000 metros cadrados, que se desenvolverán en diversas fases, a primeira delas, cunha superficie de arredor de 50.000 m2. O futuro parque estará localizado no extremo leste do concello, nun punto intermedio entre a capital municipal (San Roque) e a vila de Carballo, das que dista 2 quilómetros pola estrada AC-552. Atópase, ademais, próximo ao enlace de dita estrada coa autovía AG-55 (A Coruña-Baio).

De xeito local, forma parte da parroquia de Oca, onde se sitúa preto dos núcleos de Montecelo e A Miñata. Comprende un ámbito baleiro de edificacións que se insire no contexto rural das agras de Coristanco e o val do río Rosende, caracterizado principalmente pola explotación dos recursos agropecuarios. Máis polo miúdo, o ámbito reflicte un uso actual forestal e agrícola, a base de plantacións de eucalipto, ademais de chousas e prados de sega.

27 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.